Rafael Tabarés Domínguez

Rafa é pai de dúas nenas, Carmen e Inés, e traballa como mestre de Infantil e Primaria nun colexio de Ourense.

Felipe Iglesias Mira

Felipe é pai de dous nenos, Samuel e Sergio, e traballa como enxeñeiro informático nunha empresa de Ourense.


Os dous nadadores temos licenza de natación, para a tempada 2024/2025, co Club Natación Pabellón Ourense, participando en competicións de piscina e de augas abertas.

Acreditamos experiencia en natación en augas abertas dende hai máis de 15 anos con participación en diversas travesías a nado nas augas galegas do Atlántico, en diferentes ríos pero tamén ao longo da xeografía española.

Destacamos a nosa participación en probas de longa distancia, a partir de 10.000 metros como é o caso da travesía de Coruña, a Heróica (no río Sil, en Doade), volta á Illa de A Toxa (Pontevedra), varias probas da Triple Corona Illas Atlánticas, o Arousaman e, no caso de Rafa, a Batalla de Rande (27.000 m dende as Cíes ata San Simón)… pero tamén en travesías con distancia menor.

Loading