Asociación DEPORTIVA-CULTURAL EuNadoPorEles e PORELAS

O mércores 16 de abril de 2025 fúndase, en Ourense, a Asociación Deportiva-Cultural EuNadoPorEles e PorElas. A súa creación veu propiciada tras a realización, durante varios anos, dun reto da man de varios nadadores e as súas familias.

ExtractoS dos Estatutos

Artigo 1. Denominación e natureza

Co nome de Asociación Deportiva-Cultural EuNadoPorEles e PorElas, constitúese unha entidade sen ánimo de lucro ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e do Decreto 396/2023, do 21 de decembro, da Comunidade Autónoma de Galicia.

En novembro de 2006 falece, a causa dun cancro de fígado, José Iglesias Borrajo, pai de Felipe.

En setembro de 2016 falece, por mor dun cancro de pulmón, Eduardo Méndez Castañeda, sogro de Felipe, e en marzo de 2018 faino Ana Rodríguez Dacosta, esposa de Rafa, vítima do mesmo tipo de cancro, que xa perdera ao seu pai, Antonio Rodríguez Ojea, tamén a causa dun cancro. Moitos anos antes, en outubro de 1979, falecera, por un cancro de pulmón, Rafael Tabares Feijoo, pai de Rafa, cando este tiña tan só cinco anos.

É coa perda de Ana cando ambos deciden iniciar un reto solidario de recadación de fondos, paralelo á súa preparación para participar en varias travesías a nado en Galicia (Arousaman, Triple Corona Illas Atlánticas…), a favor da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, co obxectivo de apoiar programas dirixidos a persoas enfermas e ás súas familias.

Así nace o reto solidario “EuNadoPorEles e PorElas”, para DARLLES VOZ A QUEN A ENFERMIDADE CALOU.

Esta iniciativa repítese nos anos seguintes, recadando fondos para a AECC e para Cáritas Diocesana de Ourense. Adquire tamén un carácter permanente de sensibilización promovido por familiares e achegados dos dous nadadores. Nace entón a necesidade de adquirir unha identidade propia a través do movemento asociativo que se crea nos presentes Estatutos, coñecida comunmente como EuNadoPorEles e PorElas.

Artigo 6. Fins

A Asociación ten como fins:

  1. Promover a práctica deportiva en xeral, pero especialmente a natación, como medio de desenvolvemento persoal e colectivo.
  2. Fomentar valores de solidariedade, inclusión e compromiso social a través do deporte.
  3. Colaborar con outras asociacións, fundacións ou colectivos na financiación e apoio de proxectos de ámbito local, autonómico ou estatal, dirixidos a persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social.

Artigo 7. Actividades

Para o cumprimento dos seus fins, a Asociación poderá realizar, entre outras, as seguintes actividades:

  1. Organización de eventos deportivos (competicións, travesías, retos individuais ou colectivos, etc.).
  2. Campañas de recadación de fondos destinados a proxectos sociais concretos.
  3. Actividades de sensibilización e divulgación sobre a realidade de colectivos desfavorecidos.
  4. Obradoiros, charlas, xornadas ou outras actividades formativas ou recreativas.
  5. Colaboracións con entidades públicas ou privadas.

O NOSO equipo

Coñece ás persoas que están detrás das nosas iniciativas

FELIPE IGLESIAS MIRA

Presidente
felipe@eunadoporeles.es

RAFA TABARÉS DOMÍNGUEZ

Vicepresidente
rafa@eunadoporeles.es

Mónica Méndez Vázquez

Secretaria

ANTONIO IGLESIAS MIRA

Tesoureiro

Samuel Iglesias Méndez

Vogal

Sergio Iglesias Méndez

CARMEN TABARÉS Rodríguez

Inés Tabarés Rodríguez

Da O primeiro paso para marcar a diferencia hoxe

Colabora co noso reto 2025. Infórmate e convértete en padriño de EuNadoPorEles e PorElas, realizando a túa doazón e coñecendo a fondo as nosas iniciativas solidarias. O teu apoio CAMBIA VIDAS.

Loading