OS RETOS

Retos DEPORTIVOS para MELLORAR vidas

A iniciativa #EuNadoPorEles e PorElas naceu en 2018 da man de Felipe Iglesias Mira Rafa Tabarés Domínguez.

Coñecémonos dende hai anos, somos amantes da natación e do deporte en xeral participando, nos últimos anos, en diferentes competicións tanto en piscina como en Augas Abertas.

Sensibilizados pola experiencia de vivir a perda de varios seres queridos por mor do cancro, iniciamos este reto da man da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, para dar visibilidade a un proxecto concreto e local, necesitado de financiamento. Deste xeito, atopamos unha motivación extra para os nosos adestramentos e competicións e darlle un valor engadido ao noso esforzo.

A partir dese momento, e durante varios anos, repetimos o reto conseguindo financiación para diferentes proxectos da AECC e Cáritas Diocesana de Ourense.

No ano 2025, fúndase a Asociación EuNadoPorEles e organízase por primeira vez a Travesía Solidaria. A partir de ahí, a propia travesía pasa a ser o reto solicario co fin de financiar ese proxectos de asociacións locais de Ourense.

EuNadoPorEles e PorElas recórdanos que a solidariedade tamén se mide en brazadas; e vai moito máis alá dun reto deportivo; é un exemplo de compromiso humano que deixa unha pegada real na vida das persoas con cancro e a transforma en esperanza.

Germán Rodríguez-Sáa

Presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense

A iniciativa EuNadoPorEles e PorElas axudou a visibilizar a dificultade de acceso á vivenda que sofren as familias atendidas por Cáritas Diocesana de Ourense, ao tempo que serviu para reforzar a nosa rede de pisos de acollida.

María Tabarés domínguez

Directora de Cáritas Diocesana de Ourense

 

Loading