PATROCINADORES

Se estás interesado en formar parte de #EuNadoPorEles, ponte en contacto a través do correo info@eunadoporeles.es e farémoste chegar o noso Plan de Patrocinio.


Transparencia sobre as Doazóns e os Patrocinios

🔹 Doazóns ao reto solidario
Todas as doazóns que se realizan co obxectivo de apoiar o reto solidario de cada ano van directamente á Asociación á que se destinan.
Nós non xestionamos, nin tocamos, nin canalizamos eses cartos. As persoas doantes contribúen directamente a través dos canais oficiais desa Asociación, garantindo así total transparencia e seguridade.

🔹 Patrocinios á Asociación Deportiva-Cultural EuNadoPorEles e PorElas
Pola súa banda, os fondos que recibimos dos patrocinadores non se consideran doazóns ao reto solidario, senón unha forma de apoio á nosa Asociación. Estes patrocinios, a través de doazóns, destínanse a financiar os proxectos, actividades e loxística que forman parte do labor que desenvolvemos como entidade.

💚 Tomamos moi en serio a confianza que depositades en nós. Por iso, queremos deixar ben claro que nin un só euro das doazóns destinadas ao reto pasa polas nosas mans, nin directa nin indirectamente.

Grazas polo voso apoio e confianza.


COLABORADORES

A iniciativa #EuNadoPorEles e PorElas sempre se fixo con axuda. Dende o seu inicio no ano 2018, varias personas estiveron traballando e apoiando.

Nesto puxeron moito, dende o principio, e siguen poñendo, as seguintes persoas:

  • Nuria Celideseñadora gráfica do logo.
  • Agustín Pérez Meiriño, da Asociación Española Contra o Cancro.
  • Os nosos clubes de natación, durante estos anos.
  • Familiares… amigos…

Loading