OS RETOS
Retos DEPORTIVOS para MELLORAR vidas
A iniciativa #EuNadoPorEles e PorElas naceu en 2018 da man de Felipe Iglesias Mira e Rafa Tabarés Domínguez.
Coñecémonos dende hai anos, somos amantes da natación e do deporte en xeral participando, nos últimos anos, en diferentes competicións tanto en piscina como en Augas Abertas.
Sensibilizados pola experiencia de vivir a perda de varios seres queridos por mor do cancro, iniciamos este reto da man da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, para dar visibilidade a un proxecto concreto e local, necesitado de financiamento. Deste xeito, atopamos unha motivación extra para os nosos adestramentos e competicións e dálle un valor engadido ao noso esforzo.
A partir de ese momento, e durante varios anos, repetimos o reto conseguindo financiación para diferentes proxectos da AECC e Cáritas Diocesana de Ourense.

EuNadoPorEles e PorElas recórdanos que a solidariedade tamén se mide en brazadas; e vai moito máis alá dun reto deportivo; é un exemplo de compromiso humano que deixa unha pegada real na vida das persoas con cancro e a transforma en esperanza.

Germán Rodríguez-Sáa
Presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense
A iniciativa EuNadoPorEles e PorElas axudou a visibilizar a dificultade de acceso á vivenda que sofren as familias atendidas por Cáritas Diocesana de Ourense, ao tempo que serviu para reforzar a nosa rede de pisos de acollida.

María Tabarés domínguez
Directora de Cáritas Diocesana de Ourense
![]()